A data e hora límite de inscrición para cada quenda é as 12:00 h. do xoves previo ao comezo de cada quenda do DÉPORCAMPUS. De igual maneira sucederá en caso de querer ampliación de matrícula de un participante xa inscrito.
Todos os nosos DÉPORCAMPUS teñen un horario de mañá de 10:00 a 14:00 h.
Os entrenadores estarán dende as 09:30h na instalación para recibir aos participantes
O RC Deportivo proporciona a cada participante un equipamento completo: camiseta, pantalón e medias. Por tanto, só é necesario que leve botas de tacos ou multitacos de goma, camiseta térmica ou chuvasqueiro en caso de choiva e aerosol ou crema solar. Non é necesario o uso de canilleiras.
Unha máscara de protección frente ao COVID de reposto
Debido as recomendacións do Ministerio de Sanidade e ao protocolo de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias, fronte ao COVID-19, os vestiarios non se poden usar durante o desenvolvemento do campus.
Todas as rutas teñen unha hora de saída marcada aproximada que aparece indicada na información xeral. Rógase puntualidade. Para calquera dúbida solicite o teléfono de contacto do monitor que coordina cada autobús na propia parada.
Non, só poderá elixirse unha parada que servirá tanto de parada de ida como de volta. Calquera incidencia ou cambio de parada durante o desenvolvemento da quenda do DÉPORCAMPUS deberá ser notificada ao monitor que coordina cada autobús.
Non é necesario, o RC Deportivo proporciona unha pequena merenda a media mañá.
Independentemente do número de semanas nas que se asista ao DÉPORCAMPUS, o RC Deportivo proporciona un único equipamento por participante.
Si, a condición de que se trate de causa de forza maior e se notifique debidamente á organización do DÉPORCAMPUS.
Non. Só se aplicara o desconto correspondente aos socios do RC Deportivo no caso de que o socio sexa: o propio participante, o seu pai ou nai.
A entrega do equipamento DÉPORCAMPUS de Abegondo realizarase a través da OAD (Oficina de Atención ao Deportivista), na Avenida de la Habana. Cando estean dispoñibles informarase para a súa recollida. No resto de sedes, a entrega realizarase o primeiro día do Campus a través dos nosos técnicos.