Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás aceptando o seu uso. Máis información | Aceptar
DÉPORCAMPUS
DÉPORCAMPUS
DÉPORCAMPUS
DÉPORCAMPUS

Se tes entre 6 e 14 anos e o fútbol é a túa paixón, esperámoste nas túas próximas vacacións nos DÉPORCAMPUS

Unha experiencia segura (Protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para o correcto desenvolvemento e participación nos DéporCampus).

Xornadas de adestramento e diversión cos adestradores do Real Club Deportivo.

O noso método fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Convértete nun mellor xogador, goza das vacacións e quen sabe se nun futuro poderás saltar ao céspede de ABANCA - RIAZOR.

Coñécenos

Sedes

Próximas sedes DÉPORCAMPUS abertas.

Método Dépor

Impartido por adestradores do Real Club Deportivo

Obxectivos:

  • Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.
  • Aprender as habilidades e conceptos en relación co corpo.
  • Aprender as habilidades e conceptos en relación co balón.
  • Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.
  • Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.
  • Transmitir os valores que representa o Dépor:
    RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO,
    INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

Contextos de ensinanza:

  • Circuitos coordinativos.
  • Xogos de relación con balón.
  • Habilidade co balón
  • Desafíos técnicos
  • Xogos de posición.
  • Partidos reducidos / minipartidos.
  • Xogo real. Competición / Liga interna.